Conceptos Clave da Filosofía Occidental

Presocráticos

Que é o paso do mito ao logos? É o cambio do pensamento mítico (baseado en mitos) ao pensamento lóxico (logos), que marca o nacemento da filosofía na Grecia do século VI a.C.

Que significa “arxé”? É a substancia elemental do cosmos da que todo procede.

Cal é o arxé para Tales de Mileto? A auga.

Quen propón o “ápeiron” como arxé? Anaximandro.

Que significa “physis” na filosofía grega? Significa natureza.

Que é a “aletheia”? Significa desvelamento ou descubrimento da verdade a través da realidade, non dos mitos.

Que defendía Heráclito sobre o cambio? Que o cosmos é movemento e cambio constante, simbolizado polo lume.

Cal é o arxé segundo Parménides? O Ser, que é único, eterno e inmutable.

En que cren os pitagóricos? Que o arxé é o número, cren na metempsicose e na harmonía a través da música e as matemáticas.

Cales son os catro elementos de Empédocles? Lume, auga, aire e terra.

Que son as “homeomerías”? Sementes ou partículas con distintas partes do todo; son o arxé para Anaxágoras.

Que propón Demócrito como arxé? Os átomos, partículas indivisibles e indestrutibles.

Sofistas e Sócrates

Que significa “nomos”? Leis ou normas da sociedade.

Que pensa Protágoras sobre a verdade? Que é relativa; “o home é a medida de todas as cousas”.

Que di Gorgias sobre a realidade? Nada é, se fose non o saberíamos, e se o soubéramos non poderiamos comunicalo.

Cales son os cargos polos que foi condenado Sócrates? Impiedade (introducir novos deuses) e perverter á mocidade.

Que é a maiéutica? Método socrático de “parir” a verdade mediante o diálogo.

Cal foi a última frase de Sócrates? “Critón, lembra que lle debemos un galo a Asclepio, que se pague”.

Quen escribiu “Apoloxía de Sócrates”? Platón e Xenofonte.

Que é a homomensura? Doutrina de Protágoras: “o home é a medida de todas as cousas”.

Platón

Que é a teoría das ideas? Teoría dualista que distingue entre o mundo intelixible (ideas) e o sensible (copias cambiantes).

Que é o mundo intelixible? Mundo incorrompible das ideas puras, onde reside o coñecemento verdadeiro (episteme).

Que significa “mimesis”? Imitación das ideas polo mundo sensible.

Como se divide a alma segundo Platón? Racional (cabeza), irascible (corazón) e concupiscible (fígado).

Que representa o cabalo branco no mito do carro alado? A parte irascible da alma, asociada ao valor, á verdade e á xustiza.

Que representa o sol no mito da caverna? A idea do Ben, a verdade máis pura.

Que é a metempsicose? Reencarnación da alma segundo o comportamento na vida anterior.

Que é a episteme segundo Platón? Coñecemento verdadeiro do mundo intelixible, alcanzado coa razón.

Que busca a ética de Platón? Alcanzar o Ben tanto a nivel individual como social.

Aristóteles

Que é o hilemorfismo? Teoría que di que todo ser está composto por forma e materia.

Que é o acto e a potencia? O acto é o que algo é agora; a potencia é o que pode chegar a ser.

Cales son as catro causas do cambio? Material (o que está feito), formal (forma), eficiente (quen o fai) e final (para que serve).

Que é a eudemonía? A felicidade, fin último do ser humano segundo Aristóteles.

Cales son os tipos de alma segundo Aristóteles? Vexetativa (plantas), sensitiva (animais) e racional (humanos).

Que é o siloxismo? Razonamento lóxico con premisas que conducen a unha conclusión.

Cal é a finalidade da política segundo Aristóteles? A eudemonía colectiva, o ben común da polis.

Que distingue o mundo sub-luar do supra-luar? O sub-luar é corrompible (terra); o supra-luar é incorrompible (astral, éter).

Que é a teleoloxía? Doutrina que afirma que todo ten unha finalidade ou propósito.

Kant

Que é o criticismo de Kant? É unha síntese entre racionalismo e empirismo que establece os límites do coñecemento humano.

Que é o xiro copernicano de Kant? A idea de que é o obxecto o que debe adaptarse ao suxeito para ser coñecido.

Que é un xuízo sintético a priori? É un xuízo que engade coñecemento sen derivarse da experiencia, como nas matemáticas ou na física.

Que é o noúmeno? A realidade en si mesma, que non pode ser coñecida.

Que é a estética transcendental? Parte da sensibilidade que organiza as percepcións en espazo e tempo.

Que é a analítica transcendental? Parte do entendemento que organiza os fenómenos mediante categorías.

Pode a metafísica ser ciencia para Kant? Non, porque non permite facer xuízos sintéticos a priori verificables.

Que é un imperativo categórico? Un mandato moral que debe valer sempre e para todos.

Cal é a principal formulación do imperativo categórico? “Obra segundo unha máxima tal que poidas querer que se converta en lei universal.”

Que é a autonomía moral? A capacidade de poñer as túas propias regras morais, sen depender de autoridade externa.

Que é actuar por deber? Actuar moralmente sen esperar nada a cambio.

Que papel ten a razón na ética de Kant? A razón é o fundamento da moral e do deber.

Por que Kant rexeita os imperativos hipotéticos? Porque son condicionais e non universais.

Que relación hai entre liberdade e moral en Kant? A liberdade consiste en obedecer a lei moral que un mesmo se dá.

Marx

Que é a praxe? A acción práctica coa que o ser humano transforma a realidade.

Que é a alienación? A separación do traballador do produto do seu traballo e da súa propia esencia humana.

Cales son as causas da alienación? A propiedade privada, a división do traballo e a perda do control sobre os medios de produción.

Que é a ideoloxía para Marx? Unha falsa conciencia que xustifica a realidade e perpetúa os intereses da clase dominante.

Que propón Marx como solución á alienación? Unha revolución comunista que leve a unha sociedade sen clases nin Estado.

Cal é o papel da clase obreira na historia? Debe tomar conciencia e liderar a revolución contra o capitalismo.

Nietzsche

Que é a transvaloración dos valores? A substitución dos valores tradicionais por outros novos, máis afirmativos da vida.

Que é o nihilismo? A perda de sentido causada pola morte de Deus e a caída dos valores tradicionais.

Que é o eterno retorno? A idea de que todo se repite infinitamente.

Que é o Amor Fati? Amor ao destino, aceptar e afirmar a vida tal como é.

Quen é o Superhome? Un ser que crea os seus propios valores e vive máis alá do ben e do mal.

Cales son as tres transformacións do espírito? Camelo (obediencia), león (rebelión) e neno (creación de valores novos).

Como entende Nietzsche a linguaxe? Como unha metáfora que non capta a realidade fixa.

Que crítica fai Nietzsche á razón? Di que a razón reprime os instintos e non capta a verdadeira vida.

Que papel xoga a arte na filosofía de Nietzsche? A arte e a música captan mellor a realidade ca a ciencia ou a razón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *