Hume y Locke: Fundamentos del Empirismo y el Liberalismo Político

El Empirismo de Hume y el Debate Filosófico Moderno

Como tema principal podemos atopar o empirismo do autor, en concreto, o principio da causalidade e a defensa da experiencia como fonte do coñecemento.

David Hume: Contexto y Aportaciones

Para comentar a obra, debemos falar un pouco sobre o autor:

  • Hume naceu en Escocia no século XVIII.
  • Foi un filósofo moderno de gran relevancia o cal durante a súa vida desempeñou diversos cargos políticos como sub-secretario de Estado.
  • Defende o empirismo no campo do coñecemento.
  • Vai máis lonxe que Locke na súa crítica á teoría da substancia e á crítica do principio de causalidade, o que o achega ao escepticismo no campo do coñecemento.

As súas obras máis importantes son “Tratado da natureza humana” (1738) e “Investigación sobre o coñecemento humano” (1748), que é a que se vai comentar.

El Debate Racionalismo vs. Empirismo

En canto á filosofía moderna, enténdese que a base do coñecemento son as ideas, entendidas como os contidos mentais sobre como é a realidade. Fronte ao «realismo» que caracteriza o pensamento anterior, a modernidade dá un xiro subxectivo: o coñecemento é un proceso que ten lugar no interior das mentes. O gran debate en torno ao racionalismo e o empirismo vai a ser cal é a orixe das ideas.

Diferencias Fundamentales entre Corrientes

Como xa vimos, para os racionalistas existen ideas innatas (as cales ademais Descartes identificaba coas tres substancias: a idea de alma, a idea de Deus e a idea de mundo). Pola contra, o empirismo vai a defender que todas as ideas teñen a súa base na experiencia.

As diferenzas principais destas dúas correntes filosóficas son as seguintes:

  1. Racionalismo:
    • Todo coñecemento procede dos sentidos.
    • As ideas son o fundamento do coñecemento.
    • Defenden a existencia de ideas innatas na mente humana.
    • Confianza no poder da razón.
    • As matemáticas proporcionan o modelo de coñecemento (método deductivo).
    • A razón humana pode chegar a ter un coñecemento evidente da realidade.
  2. Empirismo:
    • Todo coñecemento procede da experiencia.
    • A percepción é o fundamento do coñecemento.
    • A mente humana é unha tábula rasa; non existen as ideas innatas.
    • Confianza no poder dos sentidos.
    • A física proporciónanos as claves para entender o mundo, a realidade e ao ser humano (método inductivo).
    • Non é posible un coñecemento seguro da realidade.

Contexto Político y el Liberalismo de John Locke

O tema principal do fragmento seguinte é o estado da natureza, centrado na filosofía política de Locke.

Contextos Históricos Relevantes

Para comentar o texto, primeiro debemos coñecer o contexto dos autores:

Inglaterra de Hobbes

  • Absolutismo ata 1625.
  • Monarquía parlamentaria.
  • Guerra civil, axustizamento do rei Carlos I en 1649.
  • Hobbes vai a defender o absolutismo.

Inglaterra de Locke

  • Dictadura de Cromwell.
  • Reinado de Xacobe II.
  • Revolución Gloriosa en 1688: destronamento de Xacobe II e comezo da democracia parlamentaria inglesa.
  • Locke foi un filósofo inglés pertencente ao empirismo xunto con Hume e que defendeu o liberalismo.

Ginebra de Rousseau

  • Estado independente auto-organizado que pasaría a estar en mans de Francia en 1798 que se liberou e que pasou a formar parte da Confederación Helvética (Suíza) en 1814-1815).
  • A Francia de Rousseau foi a da Ilustración e a previa á Revolución Francesa.
  • Rousseau defende a democracia.

Teorías Contractualistas y el Estado de Naturaleza

En canto ao tema do texto, o liberalismo político de Locke hai que situalo dentro das teorías contractualistas ou do pacto social. Estas teorías contrapóñense ás teorías da sociabilidade natural.

El Pacto Social (Hobbes, Locke y Rousseau)

As teorías contractualistas (Hobbes, Locke e Rousseau) sitúan o individuo antes que o cidadán. Leva a pensar na natureza humana como algo previo ás comunidades políticas e que permite pensar en dereitos naturais previos aos políticos, así como anterior [no caso de Locke] ao individuo por diante da comunidade. A concepción antropolóxica da que partan (ser humano = bondadoso, malvado, egoísta etc.) vai a condicionar que modelo político defenden.

La Concepción Lockiana del Estado de Naturaleza

Centrándonos máis no tema principal, Locke ao pensar como sería e como viviría o ser humano nun estado de natureza previo ás actuais comunidades políticas defende que este estado estaría caracterizado pola liberdade e a igualdade dos individuos. Ademais:

  • Estes individuos xa en estado de natureza se moverían pola razón e pola moralidade.
  • Isto lle faría ter unha serie de dereitos naturais que temos todos os individuos: o dereito á liberdade, á propiedade e á vida (ninguén ten dereito a escravizarme, a roubarme ou a facerme dano).
  • No estado de natureza, dinos Locke, todos os individuos temos o dereito a xulgar a calquera que vulnere os nosos dereitos naturais e que polo tanto vaia contra as leis naturais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *