O Sistema do Coñecemento na Crítica da Razón Pura
O tema central deste fragmento da Crítica da Razón Pura é a explicación da estrutura do coñecemento humano a través da síntese entre a Sensibilidade e o Entendemento. Kant establece que o coñecemento non nace dunha facultade illada, senón que é o resultado da unión de dúas fontes inseparables:
- Unha pasiva ou receptiva (a sensibilidade): que nos achega a materia ou os datos do mundo exterior.
- Outra activa ou espontánea (o entendemento): que pon a forma organizando eses datos mediante conceptos.
A idea fundamental é que sen esta cooperación ningunha experiencia sería posible, fundamentando así a tese de que «os pensamentos sen un contido sensible están baleiros e as intuicións sen conceptos que as pensen son cegas». Deste xeito, Kant define os límites e funcións de cada facultade, concluíndo que o coñecemento só se orixina na súa síntese, o que obriga á filosofía a realizar unha análise crítica que distinga claramente as leis da Estética das leis da Lóxica.
Ideas Principais da Epistemoloxía
- Sensibilidade como receptividade: É a nosa capacidade de recibir información (representacións) do exterior a través dos sentidos. É unha facultade pasiva porque non crea nada, só «recolle» como nos afectan os obxectos.
- Entendemento como espontaneidade: É a nosa facultade activa de producir ideas (conceptos) por nós mesmos e de organizar o que recibimos polos sentidos.
- A natureza da intuición: Kant afirma que os humanos só temos intuición sensible. Isto significa que só coñecemos como os obxectos nos afectan a nós, pero non sabemos como son os obxectos «en si mesmos».
- Cooperación necesaria: Ningunha facultade é máis importante que a outra; son complementarias porque sen a sensibilidade non teríamos obxectos e sen o entendemento non saberíamos que son.
- Axioma central (A frase clave): «Pensamentos sen contido son baleiros, intuicións sen conceptos son cegas». Resume que a razón necesita datos para non estar vacía e os datos necesitan á razón para ser comprendidos.
- Límites e funcións: Cada facultade ten o seu traballo: o entendemento non pode percibir e os sentidos non poden pensar; por iso non se poden intercambiar.
- A síntese como orixe: O coñecemento real só aparece cando se produce a unión (síntese) das dúas partes; por iso a filosofía debe analizar cada unha por separado sen confundilas.
- Estética e Lóxica: Esta distinción crea dúas ciencias: a Estética (que estuda a sensibilidade) e a Lóxica (que estuda o entendemento).
Conceptos Clave
- Sensibilidade / Receptividade / Representacións
- Facultade de producir / Espontaneidade / Entendemento
- Natureza / Intuición / Modo / Obxectos
- Facultade de pensar / Propiedades
- Ser dado / Ser pensado
- Pensamentos sen contido / Intuicións sen conceptos
O sistema do coñecemento en Kant fundaméntase na distinción entre dúas facultades que teñen naturezas opostas pero que deben colaborar necesariamente: a sensibilidade e o entendemento. A sensibilidade defínese como a receptividade ou capacidade pasiva do noso ánimo para recibir representacións; esta facultade non crea os datos, senón que depende da afectación, que é o modo en que os obxectos externos tocan os nosos sentidos para espertar o coñecemento.
Pola contra, o entendemento caracterízase pola súa espontaneidade, sendo a facultade activa encargada de producir conceptos por si mesmo e de dar orde e sentido á materia bruta que recibe da experiencia. Neste proceso, a intuición sensible xoga un papel crucial, xa que é o modo en que captamos o obxecto, aínda que Kant aclare que esta nunca nos mostra o obxecto «en si mesmo», senón só o efecto que produce en nós. Para que haxa saber real, debe producirse unha síntese ou conxunción entre a materia (os datos dos sentidos) e a forma (a organización que pon a razón); se falta unha delas, o coñecemento é imposible, tal e como indica o seu axioma de que as intuicións sen conceptos son «cegas» e os pensamentos sen datos están «baleiros». Finalmente, esta división de funcións permite establecer as dúas ciencias do coñecemento: a Estética, que estuda de xeito autónomo as leis da sensibilidade, e a Lóxica, que se ocupa das regras e o funcionamento do entendemento.
Crítica e Legado (I)
Kant tivo moita importancia en científicos como Newton, de quen sacou o modelo de leis universais, e influíu moitísimo no idealismo alemán de Hegel e no pensamento moderno. A súa idea de que o ser humano ten dignidade e non un prezo é hoxe a base dos dereitos humanos, e a nosa ética actual sobre a xustiza fúndase en tratar aos cidadáns como fins.
En canto ás súas influencias, aparte de Newton, Kant ensina que o coñecemento require experiencia (influencia de Hume), pero critica a Descartes e Leibniz pola súa falta de límites na razón. De Rousseau toma o máis importante: priorizar a dignidade humana e a liberdade por enriba de todo. Como puntos negativos, a Escola de Frankfurt critica o seu exceso de frialdade racional, mentres que autoras como Nussbaum piden incluír as emocións e o contexto material que Kant esqueceu.
A Dignidade Humana como Fundamento do Reino dos Fins
O tema central é a dignidade humana como fundamento do reino dos fins. Kant define este como unha comunidade ideal de seres racionais que se relacionan mediante leis morais comúns. A idea principal é que as persoas deben ser tratadas como fins en si mesmos e nunca como simples medios ou instrumentos.
Kant establece unha distancia xerárquica: o que ten valor relativo e é substituíbel, ten prezo; o que ten valor absoluto e é insubstituíbel, ten dignidade. A moralidade é a condición necesaria para que o ser humano posúa dignidade, permitíndolle participar como lexislador nese orde moral universal chamada reino dos fins.
Ideas Principais da Ética
- Ser racional: Suxeito capaz de reflexionar e darse leis a si mesmo, sendo responsable dos seus actos.
- Lei moral recíproca: Obrigación de tratar a todos baixo unha lei universal sen excepcións.
- Persoas como fins: O ser humano ten valor por si mesmo; nunca pode ser usado como un medio para fins alleos.
- Reino dos fins: Comunidade ideal de seres racionais vinculados por leis comúns que se basean no respecto e a dignidade.
- Suxeito lexislador: Neste reino, cada persoa é quen crea a lei e quen a cumpre.
- Prezo vs. Dignidade: O equivalente e útil ten prezo; o absoluto e insubstituíbel ten dignidade.
- Moralidade: Condición necesaria da dignidade; só quen é capaz de actuar por deber é un fin en si mesmo.
Conceptos Clave e Formación do Pensamento
A formación do pensamento de Kant parte de varias influencias recibidas:
- De Rousseau, toma a aprendizaxe de respectar a dignidade humana e a idea de autonomía.
- Fronte a Hume, Kant sostén que a moral non pode basearse en sentimentos variables, senón na razón.
- Do racionalismo de Leibniz e Wolff, herda a idea de que a moral se basea en principios racionais universais.
- Da tradición cristiana, traduce a noción de «conciencia» a unha razón práctica autónoma.
O Formalismo Moral
O formalismo moral de Kant ten cinco características fundamentais:
- É formal, porque non nos di que facer (contido) senón como (forma).
- É universal, xa que a lei debe valer para todos os seres racionais.
- É autónoma, porque o suxeito dase a lei a si mesmo sen que veña imposta por Deus nin pola sociedade.
- Defínese como unha deontoloxía, pois é a ética do deber e non das consecuencias.
- Finalmente, é categórica, ao tratarse dun mandato incondicional e non hipotético.
Esta ética articúlase a través do Imperativo Categórico, que se basea en tres principios: a universalidade (obrar de tal modo que a nosa máxima poida converterse en lei universal); a humanidade/dignidade (tratar á humanidade sempre como un fin e non como un medio); e o reino dos fins (actuar como membros lexisladores nunha comunidade ideal).
Os Postulados da Razón Práctica
Para que a moral teña sentido, existen os postulados da razón práctica, ideas que non podemos demostrar cientificamente pero que deberiamos crer:
- A liberdade: Xa que sen ela non hai responsabilidades morais.
- A inmortalidade da alma: Porque como a virtude e a felicidade non sempre coinciden nesta vida, a alma debe ser eterna para chegar á perfección.
- A existencia de Deus: Que é o garante que uniría a virtude e a felicidade.
Por último, Kant diferencia tres tipos de vontade:
- A boa vontade: Que actúa por deber e ten un valor moral pleno.
- A vontade das boas costumes: Que actúa conforme ao deber pero por motivos interesados.
- A vontade moralmente mala: Aquela que transgrede a lei moral por inclinación do desexo.
Crítica e Legado (II)
Kant tivo moita importancia en científicos como Newton, de quen sacou o modelo de leis universais, e influíu moitísimo no idealismo alemán de Hegel e no pensamento moderno. A súa idea de que o ser humano ten dignidade e non un prezo é hoxe a base dos dereitos humanos, e a nosa ética actual sobre a xustiza fúndase en tratar aos cidadáns como fins.
En canto ás súas influencias, aparte de Newton, Kant ensina que o coñecemento require experiencia (influencia de Hume), pero critica a Descartes e Leibniz pola súa falta de límites na razón. De Rousseau toma o máis importante: priorizar a dignidade humana e a liberdade por enriba de todo.
Como puntos negativos, a Escola de Frankfurt critica o seu exceso de frialdade racional, mentres que autores como Nussbaum piden incluír as emocións e o contexto material que Kant esqueceu.
