Descartes e a filosofía moderna: método, dúbida metódica e demostración de Deus

Cristianismo: contexto e fases

Cristianismo

  • O contexto
    • Escolas morais
    • Relixións místicas
      • Mitraísmo
      • Zoroastrismo
  • A clave do éxito do cristianismo podería ser a súa transcendencia.
  • Dúas fases do pensamento cristián medieval:
    • Patrística: pais da Igrexa. Santo Agostiño, Oríxenes. Eran autores que intentaban determinar en que consiste a fe cristiá. Prisciliano e os seus seguidores estaban na Gallaecia; Prisciliano foi o primeiro decapitado por motivos relixiosos.
    • Escolástica: Tomás de Aquino, Guilherme de Ockham. Ocupábanse de solucionar o conflicto entre fe e razón. Nesta época a fonte válida era a fe; a razón estaba cuestionada.

Contexto histórico

  • Por que comeza a Idade Media? (s. V)

    Pola caída do Imperio Romano Occidental (dende Galicia ata Asia Menor, incluíndo o norte de África). Estes territorios son ocupados polos pobos xermanos.

    A Idade Media remata cando cae o Imperio Romano de Oriente, con capital en Bizancio, no século XV, e comeza a Idade Moderna. Os otomanos son os encargados da invasión.

  • Renacemento

    Os intelectuais que ocupaban eses territorios fuxen cara a Italia, onde ten lugar o Renacemento. A cultura grecolatina renace xunto ao espírito clásico: intentouse recuperar a cultura clásica. A característica fundamental do Renacemento é o antropocentrismo: o ser humano é o centro, ao contraposto coa Idade Media, que era teocentrista. Dáse un florecemento da arte, da literatura, etc. Grandes figuras a destacar son Leonardo da Vinci, Rafael, Donatello e Miguel Anxo.

A Reforma protestante

Martín Lutero e Xoán Calvino impugnan o maxisterio da Igrexa Católica e do Papa; propoñen outra forma de entender o cristianismo, o que implica unha ruptura. Dáse unha interpretación persoal da revelación expresada na Biblia. Henrique VIII funda o anglicanismo. Antes a relixión era vista como a única verdade; agora hai varias interpretacións da revelación. Quen se salva: quen cre ou quen se porta ben? Os católicos defenden que se salvan os que se portan ben; os protestantes, os que cren.

Isto abre un espazo á filosofía, posto que pode servir como árbitro: a filosofía toma protagonismo para decidir cal é a verdade.

Estado moderno

Na Idade Media o feudalismo abondaba. O rei tiña limitado o seu poder; a sociedade era rural e descentralizada politicamente. Os señores feudais van perdendo poder e o rei, ao contrario, aumenta o seu poder. Creanse exércitos profesionais. Na Idade Moderna existe un Estado centralizado, moita burocracia, e o poder está concentrado no rei. Isto denomínase absolutismo, nado no Antigo Réxime. O trazo máis importante do Estado Moderno é que aparece o Estado centralizado.

Ciencia

Nos sabios de Constantinopla o saber foi conservado e transmitido. Xurde unha nova ciencia: un saber diferente, independente da filosofía. Exemplos: Galileo Galilei, Copérnico, Kepler.

O método científico (observación da realidade, formulación de hipóteses, etc.), que foi desenvolvido e aplicado por Galileo, vai influír moito en Descartes.

Aristóteles concebía a ciencia como unha unidade (filosofía segunda), un obxecto e un método; ocupábase da rexión do ser (realidade). Segundo el, cada rexión do ser require un método diferente: o criterio para establecer o método é atender ao ser.

Para Galileo, porén, todas as ciencias comparten o mesmo método. Este é independente do obxecto de estudo. Segundo Descartes, a razón pola que un mesmo método pode servir para obxectos diferentes é que quen aplica o método é un ser humano: o suxeito que coñece. Desta forma impúlsase un novo tipo de antropocentrismo: o obxecto pasa a depender da capacidade do suxeito que o coñece.

Racionalismo e empirismo

  • Racionalismo
    • A orixe do coñecemento seguro e rigoroso é a razón, non os sentidos.
    • Existen ideas innatas: a lóxica, o principio de non contradición, a idea de Deus.
    • Definición de substancia: aquilo que non precisa doutra cousa para existir.
    • As matemáticas son o modelo de ciencia; todo saber ten que tender a semellar ás matemáticas.
  • Empirismo
    • A orixe do coñecemento é a experiencia sensorial: os sentidos, a observación.
    • Non existen as ideas innatas.
    • A definición de substancia é similar á do racionalismo, pero con conclusións diferentes.
    • Ciencias empíricas: bioloxía, botánica, zooloxía…

Importancia do método

  • Fala da importancia que ten o método para o traballo intelectual.
  • Emprega metáforas sobre a escuridade (o erro) e a luz (a verdade). Isto recorda ao Mito da Caverna.
  • A xente que non estuda e realiza tarefas cotiás, ás veces di as cousas con máis sentido que os que investigan sen método.
  • A Escola (escolástica) é obxecto de crítica porque se desenvolveu sen un método claro.

Concepto de método

Se se aplica o método como o entende Descartes, aumenta progresivamente todo o coñecemento posible. O coñecemento non é absoluto; é relativo á capacidade humana de coñecer. A verdade está ligada: dunha cousa pásase a outra —expansión do coñecemento.

Consecuencia da definición de método

(Texto orixinal sen contido adicional específico neste punto)

Concepto de verdade

  • Grego = Aletheia – o desvelado / o ser.
  • Idade Moderna = certeza (certitudo). O ser xa non se entende como aquilo que se mostra puramente: pasa a ser aquilo do que se está seguro.

O método cartesiano establece: non tomar nada por verdadeiro sen evidencia. O certo / ente é aquilo acerca do que se está seguro; o irreal, o non-ser, é daquel sobre o que se dubida.

Texto 2: Descartes e a procura do método

Descartes probou diferentes métodos (matemáticos e lóxicos), pero ninguno era o que el buscaba. A lóxica está ben, pero ten demasiados axiomas; el quere algo máis simple e rigoroso. Compara as leis do coñecemento coas leis civís do Estado: poucas leis e que sexan obedecidas. O racionalismo pódese comparar co absolutismo: no Estado racional domina a razón como absoluta, o que implica un poder racional absoluto.

Os 4 preceptos cartesianos

1. Rexra da evidencia

  • Evidencia = claridade e distinción = indubidable.
  • Non se pode aceptar nada que non sexa evidente ante o meu espírito.
  • O espírito, para Descartes, é o suxeito: o EU.
  • Se algo é claro e distinto non se pode dubidar; iso é certitudo (certeza).
  • Reflexión: pensamento pensándose a si mesmo. Temos un teatro na conciencia.

2. Rexra da análise

  • Hai que dividir o problema que queremos desenvolver nas súas partes elementais. Buscar os principios fundamentais do problema: as premisas das que partir.
  • Argomento: artefacto da razón que ten dúas partes: premisas e conclusión.
  • Conexión lóxica: é imposible que as premisas sexan verdadeiras e a conclusión falsa se a relación é correcta.
  • Aplicamos as regras por medio do cálculo ata chegar á conclusión: razón dedutiva.

3. Rexra da síntese

  • Deducir é inferir; a conclusión para Descartes é a síntese lóxica das premisas. As premisas son os elementos fundamentais que compoñen a conclusión.

4. Rexra da enumeración

  • Consiste en repasar cada paso que se dá e a aplicación das regras. Serve para saber se os pasos están ben xustificados.

Fundamento epistemolóxico do método (Texto 2)

A razón é o fundamento. ¿Cal é o concepto de razón para Descartes? A razón é a síntese, a unión, a articulación de dúas facultades que el denomina intuición e dedución.

O argumento é válido se as premisas son verdadeiras; entón a conclusión tamén o será. Pero, ¿como sabemos que as premisas son verdadeiras? Un empirista diría que comprobándoas cos sentidos.

A dedución é unha cadea de razoamentos que, a partir de premisas, leva a unha conclusión: o coñecemento é mediado polo razoamento lóxico. A intuición é a outra facultade: coñecer a evidencia de maneira inmediata mediante a razón.

  • Intuición (Rexra da evidencia): teño a capacidade de intuir algo claro e evidente; ver en evidencia aquilo que non se pode dividir máis.
  • Dedución (Rexra da síntese): a conclusión é unha síntese sumatoria das premisas; a rexra da enumeración asegura que non se deixou ningún paso atrás.

Dúbida metódica

Esta dúbida é sistemática, hiperbólica, extraordinaria, teórica e case levada ao absoluto. Non é unha dúbida real, senón metodolóxica: Descartes dubida para demostrar que o coñecemento si existe (ao contrario do escepticismo radical de Montaigne ou Francisco Sánchez, que pretendían demostrar que o coñecemento non existe).

Motivos de dúbida

  1. 1.º motivo: Os sentidos engánannos. Todo aquilo que se coñece a través dos sentidos está en dúbida e debe admitirse como non seguro.
  2. 2.º motivo: A imposibilidade de distinguir o sono da vixilia. Se soñamos, a experiencia sensorial pode non ser fiable.
  3. 3.º motivo: A hipótese dun xenio maligno (enganador). Todo o que percibo pode ser un soño ou un engano; incluso eu en min mesmo podería non ser nada.

Dúbida metódica e o cogito

  • É consecuencia da primeira regra (evidencia) do método filosófico cartesiano.
  • É aplicada sobre todos os pensamentos, tamén nos máis obvios.
  • Motivos aplicados: a) os sentidos engánanos; b) non se pode demostrar de forma segura a diferenza entre sono e vixilia; c) a hipótese do xenio enganador.

Ao aplicar o método, Descartes fará como se os sentidos enganasen sempre: poñerá todo en dúbida e considérase falso. Este procedemento segue a liña de Platón (Mito da Caverna). Para Platón, o ser/verdade é algo que se desvela; para Descartes, ser = verdade = certeza. A dúbida metódica serve para atopar algo que sexa certo para nós.

Do cogito á certeza

Os sentidos poden non ser fiables; mesmo as matemáticas poderían ser postas en dúbida pola hipótese do xenio enganador. Con este tipo de escrutinio poderíase chegar ao escepticismo radical, algo que Descartes quere evitar. O cambio máis importante da filosofía medieval á moderna foi identificar o ser coa certeza: o ente convértese en certo. A realidade deixa de identificarse exclusivamente coa natureza e pasa a depender da certeza do suxeito; o ser aparece na subxectividade, no pensamento. A realidade preséntase como me aparece a min.

Mesmo o xenio máis enganador non me pode facer dubidar de que eu penso: Cogito, ergo sum — penso, logo existo. Primeiro descubrimento: son (existo) algo que pensa. O suxeito é a res cogitans (cousa que pensa / substancia pensante).

Se son un ente (algo que pensa), aquilo do que estou seguro lévame ao antropocentrismo radical na filosofía moderna: o EU convértese no suxeito fundamental.

Que é a mente?

A mente é algo non físico: un conxunto de ideas, representacións, soños, frustracións… É un fluír que está controlado parcialmente por nós. O EU é un conxunto fluínte de pensamentos.

Aplicando a regra da análise, Descartes pregúntase: ¿que máis hai ademais do EU? Aquí xurde o problema do solipsismo.

Análise do pensamento

Descartes descobre que a única evidencia inicial é a existencia da substancia pensante (res cogitans). A seguir, dedica esforzo á análise do pensamento, descomponéndoo en:

  • Afeccións (estados de ánimo): non teñen nada que ver co exterior do EU.
  • Xuízos: proposicións verdadeiras ou falsas formadas por ideas.
  • Ideas: representacións do exterior do EU. Polo tanto, o que nos pode levar fóra do pensamento son as ideas, xa que moitas delas representan algo que non é pensamento, senón que é exterior ao pensamento.

Isto está relacionado co problema do solipsismo: demostrar se existe algo máis na realidade aparte do EU. Descartes vai analizar concretamente a realidade e a causalidade: formal, obxectiva e eminente.

Tipos de ideas segundo a causalidade

  • Ideas facticias (ideas imaxinarias). Exemplo: a idea do unicornio.
    • Causa formal: o suxeito.
    • Causa obxectiva: tamén o suxeito.
  • Ideas innatas: veñen incorporadas ao pensamento.
    • Causa formal: a mesma que a do suxeito.
    • Causa obxectiva: a mesma que a do suxeito.
  • Ideas adventicias: representacións do que percibo no exterior.
    • Causa formal: o suxeito (a miña mente).
    • Causa obxectiva: nin o suxeito nin a causa do suxeito; proceden do exterior.

Principio cartesiano: a realidade da causa é sempre igual ou maior á realidade do efecto. Por exemplo, un pai (causa) ten máis realidade que o fillo (efecto). As propiedades da causa non poden ser de menor grao que as do efecto. Polo tanto, a causa obxectiva das miñas ideas debe ser igual ou máis real que as miñas ideas.

Ademais, as ideas de substancia conteñen máis realidade que as ideas de accidentes. A substancia é aquilo que existe por si mesmo e que soporta ao accidente (ex.: ser racional). O accidente son circunstancias que poden darse ou non nunha substancia (ex.: que un ser racional leve sombrero).

Descartes céntrase nas ideas de substancias, porque é máis plausible atopar esa idea fóra do pensamento que non un accidente concreto (como a cor azul nunha casa).

Se penso nunha substancia infinita: ¿poderei ser eu a causa dunha idea infinita? A idea de Deus (infinitamente sabio, bo, omnipotente, etc.) semella ter contido infinito. Se o efecto (a miña idea de Deus) é infinito, a causa desa idea debe ser igual ou maior; por tanto, Descartes conclúe que Deus existe: a causa obxectiva desa idea non pode ter unha realidade menor que o efecto.

Demostración da existencia de Deus

SOLUS IPSE = estar só un mesmo. ¿Que sucede se só existo eu?

Descartes quere demostrar que existe Deus aparte do pensamento. Para iso emprega as regras da análise e da síntese.

  • Causa eminente: unha causa pode xerar propiedades que non ten formalmente. Podes imaxinar propiedades que non tes, pero podes producir que o imaxinario as teña.
  • As ideas máis evidentes son as ideas de substancia.
  • Os efectos non poden ser máis reais que a causa. A pedra non pode ter máis realidade ca rocha da que procede.
  • Para Descartes a causa eminente da mente é Deus; Deus é a causa da mente, das ideas, etc.

Razonamento e conclusión (síntese)

  • Todas as ideas aparentemente adventicias de cousas finitas poderían ser facticias; por tanto, eu podería ser a causa formal, obxectiva ou eminente (dúbida metódica).
  • Aínda que non crea en Deus, a miña idea de Deus representa propiedades infinitas (eterno, omnisciente, infinitamente bo…).
  • Se estas propiedades forman parte da representación da causa desa idea, a causa debe ser algo infinito e perfecto. Esa causa non podo ser eu; polo tanto, debe existir por si mesma.
  • De aí a conclusión: existen dúas substancias fundamentais:
    • Eu, suxeito: res cogitans (substancia pensante).
    • A infinitude: res infinita (cousa infinita).
  • A certeza (certitudo) é a súa forma de ser: existen porque aparecen con total certeza.

Que ten de moderno demostrar a existencia de Deus?

Os medievais ofreceron moitas demostracións da existencia de Deus, pero non dubidaban da súa existencia: o que dubidaban era que a razón puidese demostralo. Na Idade Moderna, en cambio, parteuse do suxeito para intentar demostrar a existencia de Deus (antropocentrismo): a certeza da res cogitans precede á da res infinita.

Ao demostrar a existencia de Deus, Descartes pretende superar o solipsismo. Con todo, aínda non está conforme: quere demostrar tamén a existencia da materia, o obxecto da física. Descartes presupón que a materia existe; queda por ver como demostra esa existencia.

Remate

Descartes sitúa o suxeito pensante como punto de partida e construúe un método para alcanzar certezas claras e distintas. A súa proposta marca o tránsito á filosofía moderna: método, dúbida metódica, intuición e dedución, e unha tentativa de garantir a obxectividade do coñecemento mediante a demostración da existencia de Deus e a posterior recuperación da fiabilidade das sensacións e da materia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *